Dous meses sen competir e algo máis desde que corrín no monte, pero non estiven parado sen facer nada. Durante estos dous meses quizáis estiven menos parado respecto a outros anos, non deixei de correr 40-50' minutos moi suaves, ou facer algo de rodillo, ... pero ningunha semana estiven completamente parado, polo que a condición non era desastrosa cando en ano novo comecei a aumentar a duración/frecuencia das saídas. En todo caso este domingo foi a primeira vez que me esforzaba realmente desde facía semanas.
Trail da Cidá
perfil da proba, segundo o meu reloxo
Máis ou menos 14km e uns 600m. de denivel positivo, sen dificultade técnica. Unha carreira perfecta para voltar a coller sensacións tras un tempo.
Estaba anunciado que habería chuvascos frecuentes e algo de vento, pero tras chover de noite quedou un día con unha temperatura fresca (perfecta) e nubes e claros, sen chuvia en todo día. Así puiden correr con só camiseta interior moi cómodo.
O lugar é fermoso e con boas vistas a Aguiño, Corrubedo (Praia do Vilar e complexo dunar) e atravesando o Parque do Castro da Cidá en Ribeira
arredor de catrocentas participantes tomamos a saída
O plan
Así todo a mentalidade era ir con tranquilidade e ao xeito do corpo para ir recuperando as sensacións de competir. Saín atrás de todo, garantíndo que pillaría todos os atascos, perdería tempo adiantando xente, ... así é doado non pasarse coa velocidade.
Correndo
Realmente non tiven problemas en toda ruta e fun concentrado en facer camiño sen problemas ate o avituallamento (km 9). Desde ahí só quedaba subir e baixar unha pequena costa e só en este tramo decidín subir un puntiño o esforzo. Xa co grupo estirado é máis doado correr do xeito en che acae mellor.
Nin antes fun de paseo nin agora a tope, pero cheguei a meta en boa condición mais notando a falta de adestramento e competición. O normal dado o traballo feito, polo que as sensacións que saco son boas. Hai que sumarlle que non me doe nin molesta nada polo que así córrese ou adéstrase con moita máis tranquilidade.
Paseino bastante ben, aínda que non tiven un día con moi boa actitude. Algo a mellorar.
fonte: flickr da organización
Non decidín cal será a seguinte carreira e igual agardo a dentro de un mes ao Trail San Isidro na Pobra.
cartaz da proba, Trail da Cidá 2019
Comments
September 27, 2024 19:51
ehth45
This is my first time i visit here. I found so many interesting stuff in your blog especially its discussion. From the tons of comments on your articles, I guess I am not the only one having all the enjoyment here keep up the good work Zudia franchise
November 3, 2024 12:02
szgzg
I was reading some of your content on this website and I conceive this internet site is really informative ! Keep on putting up. spotiffy promotion
October 31, 2024 08:31
ehth45
Very informative post! There is a lot of information here that can help any business get started with a successful social networking campaign. spotify promotion
October 19, 2024 22:07
Cheeky Junior offers a variety of wooden and sustainable toy collections, including open ended play options, pretend play sets, sensory play items, small world play accessories, and more pretend play toys
October 24, 2024 09:09
szgzg
This is my first time i visit here. I found so many interesting stuff in your blog especially its discussion. From the tons of comments on your articles, I guess I am not the only one having all the enjoyment here keep up the good work Cryptocurrency
October 26, 2024 14:05
szgzg
I was reading some of your content on this website and I conceive this internet site is really informative ! Keep on putting up. slot gacor