Documentando o cambio de tipo de letra utilizado neste blog
Anteriormente
- fonte para textos e menús Merriweather
- fonte para títulos Open Sans
- fonte texto sen formato Inconsolata
Estas tres tipografías estaban incrustadas no código do blog a través dunha ligazón a web de google
<link rel="stylesheet" type="text/css" href="//fonts.googleapis.com/css?family=Merriweather:300,700,700italic,300italic|Open+Sans:700,400" />
cada vez que alguén visita o meu blog (!), éste realiza unha petición ao servidor de google para que sirva o tipo de letra indicado. Ao realizar esta petición google obtén información acerca das persoas que me visitan, é dicir, estou dando datos teus a google.
Qué datos?
Google e outras empresas, colocan de xeito máis ou menos público código na gran maioría de páxinas web que visitamos. É un acordo comercial entre as empresas que se dedican a comerciar cos nosos datos (e vailles ben, se nos fixamos na capitalización bursátil) e quen publica a web. É o xeito máis productivo de extraer información.
Pero hai xeitos máis discretos e transparentes, normalmente por ignorancia de quen os utiliza como poden ser os malditos reCaptcha e ferramentas gratuítas como poden ser os repositorios variados que empresas poñen a nosa disposición. Por exemplo: as tipografías de google ou os sitios de aloxamento de imaxes (as de este artigo non están ahí).
De xeito xenérico, envíase:
- a túa IP (o teu enderezo en internet, que o teu provedor de internet pode ligar a túa localización física e, se quere, venderlle esta información a google)
- identificadores do teu navegador (tipo, plataforma, engadidos, ...)
- cantas veces e con qué frecuencia visitas a miña web
- a qué horas e desde qué dispositivos
- etc.
google ou calquera outra empresa ten os métodos para engadir esta pouca información (aparentemente) a súa base de datos onde nos teñen fichados, e cómo teóricamente podemos reducir esa cantidade de datos.
É dicir, fago esto por respeto hacia ti.
Cambiando a fonte
pero esto non vai de surveillance capitalism, vai do cambio de tipo de letra que utilizo no blog.
Alegreya
Pois si, Alegreya, a do kindle. Utilízoa para os textos dos artigos e menús.
Alegreya Sans
Para títulares, ligazóns a metadatos, etiquetas, etc.
Consola Mono
Consola Mono para texto sen formato e código.
Procedemento
esto é válido para calquera web, pero deixoo cómo referencia para min.
- obter a fonte no formato(s) que estimes. Normalmente otf, ttf, woff, woff2 e mételos nunha carpeta accesible polo servidor. Son ficheiros pequenos.
- na folla de estilos .css da web engades a ligazón a fonte
@font-face {
font-family: 'AlegreyaSans';
src: url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.woff2') format('woff2'),
url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.woff') format('woff');
url('https://oteusitio.web/ruta/a/ficheiro_fonte_alegreya_sans.ttf') format('ttf');
font-weight: normal;
font-style: normal;
}
engadindo algunha outra característica que creas oportuna (e soporte o estándar).
- na páxina onde queiras utilizar esa letra engades a ligazón a folla de estilos no header
<link rel="stylesheet" type="text/css" href="https://oteusitio.web/ruta/a/estilo.css" />
- se só a queres utilizar para un determinado elemento da páxina (por exemplo os títulos) indícalo na folla de estilos
h1, h2, h3,
h4, h5, h6 {
[...outras características...]
font-family: "AlegreyaSans", sans-serif;
}
Outras tipografías
Probei tamén con Munson e Ysabeau, pero non me gustaba o espazo entre letras e os títulos quedaban demasiado remarcados en pantallas con pouca resolución.
Que digo eu que igual che parecen todas a mesma e que tanto traballo pa'qué!? :p , pois por exemplo para gastar unha mañán da corentena polo covid-19.
Comments
December 16, 2022 04:54
amazing
I love reading through a post that will make people think. Also, thanks a lot for allowing me to comment here! If you want to know about temple run 3. Maybe this game will be useful to you after stressful working hours. Let’s experience this fun with me.