A Pedestre
Habendo saúde é cita obrigatoria o último domingo de outubro ir ata Compostela a desfrutar da mañán correndo polas súas rúas.
entrando no Obradoiro
A cita é sobre todo coas compañeiras de tantos anos, de cando habÃa un décimo das carreiras que temos hoxe en dÃa e a de Santiago era como un punto de encontro anual. Xunto coa San Martiño en Ourense xuntan boa parte da tradición de carreiras populares en Galicia.
Eu pertenzo ao sector crÃtico de esta carreira 😂. Unha das poucas melloras que vin nos últimos 20 anos é pasar do chip na zapatilla ao chip integrado no dorsal. Con esto gañamos en fluidez nas ringleiras que se formaban ao chegar a meta. Cando chove e fai frio esto é unha mellora importante, pero non sei eu se esto é a iniciativa da organización ou da propia empresa que contratan para o servizo. Esto é un prexuizo meu, por suposto.
Ser crÃtico non significa rexeitar a carreira, se non facer notar que existen aspectos mellorables na organización desde hai moitos anos e que non se aprecia que se intenten mellorar como si fan en outros lugares, como por exemplo Ourense. Criticar non significa que non se valoren todos os aspectos positivos que ten a carreira.
A organización o dÃa da carreira é moi correcta e todo sucede con fluidez tras tantos anos. O percorrido é o habitual de 12km con tendencia a baixar ao inicio e unha segunda parte en subida suave para rematar costa abaixo nos últimos 2km correndo polas rúas da zona medieval da cidade.
Todo o mundo desfruta de este final, onde se concentra a maior parte do público, animando a todas as corredoras por igual, co son dos aplausos e as pisadas resonando na pedra pulida durante séculos por milleiros de pés.
falta 1km na Praza de Cervantes, a tope!!. Foto: ECG.
A miña carreira
O dÃa estaba perfecto para correr descalzo 👣, con moi boa temperatura, sen chuvia nin vento. Cheguei trotando, con tempo para a foto de familia, e sentÃame ben, sen molestias e animado.
O plan era saÃr con xeito no medio do grupo e ir baixando con bo ritmo pero sen sentir o esforzo para poder exprimirse na segunda parte. Saiu todo segundo o planeado e se non corrÃn máis rápido é porque é o que hai a dÃa de hoxe, non por ningún problema. As sensacións foron algo mellores o outro dÃa en Bertamiráns, aquà parecÃame ir un pouco máis atrancado, pero desfruteino ben e fixen só uns segundos máis que o ano pasado, repartindo ben o esforzo e pasándoo ben.
Recuperei moi ben ao chegar a meta, a tÃpica conversa sobre meu calzado, e felicitar aos compañeiros que vas atopando. Da gusto ver tanta xente satisfeita, co ánimo alto. Despois cada quen volta as súas preocupacións particulares, pero durante unhas horas todas esquecemos e só saÃmos a xogar.
Fotoquedada Pedestre 2019
fotografÃa de Tere
As persoas de Correr en Galicia que nos xuntamos antes da saÃda. Sempre agradable poder saudar as compañeiras.
Aquà podes ver o suplemento en .pdf que El Correo Gallego publicou sobre a carreira.
Comments
No comments yet. Be the first to react!