A Clásica 10k
Non podo dicir que fose con moitas expectactivas ou moito ánimo de correr, pero chegas alà e qué vas facer? Pois corres :D
39 edicións da Clásica de Negreira, desde os comezos a finais dos 70 do século pasado a estar totalmente establecida no calendario nacional.
Sempre hai moi bo ambiente "popular", con carreiras para todas as categorÃas da rapazada xunto co 5k (engadido nas últimas tempadas) e o clásico 10k con circuito homologado.
Fonte: http://www.aclasicadenegreira.gal/
Sempre moi ben organizada, co circuito ben delimitado e unha participación dunhas 1500 persoas entre todas as categorÃas (preto de 500 fixemos o 10k) é moi agradable ir correr a Negreira porque atopas as corredoras habituais, a todas esas coas que compartes camiños todo o ano. Tamén están na Pedestre ou San Martiño, pero con tanta xente nin te enteras de quén tes ao lado. Aquà si, aquà podes comentar e falar coa xente.
A carreira.
Xa dixen que non viña moi animado pero puiden durmir ben e respirar decentemente, asà que ao chegar e aparcar xa ves a xente facendo o quencemento (o 5k corrÃase antes), charlando e sempre con bo ánimo. Esto parece que non pero contáxiase e veste arriba.
Asà que a primeira decisión... deixar as sandalias no coche e correr descalzo. Chovera toda a noite e pintaba mal (caeunos unha boa agardando na saÃda) pero non facÃa demasiado frÃo asà que veña, a darlle ao barefú 👣
Por algunha razón decidÃn que Ãa intentar facer menos de 45', esto é a 4'30"/km. AÃnda agora non sei por qué puxen este obxetivo. Nin lembraba o tempo que fixen o ano pasado e hai só unhas semanas correra en Bertamiráns a 4:25 coas sandalias (sendo un circuito moito máis chan).
O caso é que asà saÃn, asà que subÃn a costiña que hai de saÃda máis ou menos tranquilo (saÃndo atrás de todo como sempre) e xa me puxen a correr buscando a boa cadencia, postura, respiración pero intentando coller pronto o ritmo estable e forte.
Os pés aguantaron ben toda a carreira aÃnda que os notaba algo frÃos en xeral. Non fixen ningunha rozadura nin vixiga, a verdade é que moi ben porque é un perigo correr cos pés frÃos.
Marqueime un obxetivo de inicio pero resulta que non mirei o reloxio nin unha soa vez durante a carreira. Menuda forma de controlar o ritmo! :P O caso é que era un obxetivo atrevido pero realista pois fixen 45'54" (netos). Non o conseguÃn por un minuto, que é bastante, pero indo realmente concienciado e arriscando un pouco coa técnica entón igual o poderÃa ter feito. Realmente dame igual, foi unha cousa que se me ocurrreu no momento e creo que está moi ben si o comparamos co que fixen en Bertamiráns e que fun descalzo nun dÃa non moi propicio.
Que non fixese unha soa rozadura, nin siquera a planta do pé enrroxecida, creo que fala ben da técnica de carreira incluso sen sentir ben como pisas (polo frÃo). Esto alegroume.
Trala carreira pillei o avituallamento e un par de saúdos e fotos e marchamos pronto para a ducha quentiña.
E agora?
Xa pola tarde, e aÃnda baixo os efectos euforizantes do ben que o pasei pola mañán, apunteime a correr un trail (22km e mil e pico metros positivos) a estas alturas da tempada. Non deberÃa. Xa para rematar(me) apunteime a seguinte semana a Media de VilagarcÃa. AhÃ, si a saúde o permite, correire descalzo de novo co obxetivo de baixar de 1:45'
O pouco ánimo incial era porque levaba un par de dÃas arrefriado, pero non sentÃn que me perxudicase a hora de correr nin respirar e, como digo, paseino ben.
Participas en Carreiras Populares? Qué é o que máis che gusta de correr?
Podes comentar este artigo utilizando a túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquà federamos!.
Comments
No comments yet. Be the first to react!